Ir al contenido principal

Merendas con contos en xaneiro

Volta a programación da Biblioteca de Sober para os usuarios  máis novos 



Unha das datas destacadas no Calendario do Libro e da Lectura é o DÍA DA ILUSTRACIÓN, que se celebra o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO 
( Rianxo 1886-Buenos Aires 1950 )


O programa de Animación á lectura Merendas con Contos inicia este ano con actividades adicadas á lectura e as cores, con dous obradoiros :

  • Venres 11 :

CREACIÓN LIBRE : Obradoiro de pintura dirixido por Ángeles de Prado Díaz.
  • Venres 18 e 25 :

IMOS CREAR UN CONTO :Obradoiro de kamishibai : A xoaniña e o piñeiro, de Josefa Contijoch e Luis Filella.



AULA DE INFORMÁTICA :
  •  Obradoiro de Playcómic
  •  Obradoiro de mecanografía:redactamos o kamishibai.
  •  Navegamos seguros pola nube 

DO 11 ATA O 31 DE XANEIRO PODEMOS VISITAR 
UNHA PEQUENA MOSTRA PICTÓRICA DA MONFORTINA

 ÁNGELES DE PRADO DÍAZ





Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán