Ir al contenido principal

Animación á lectura en febreiro


A programación das MERENDAS CON CONTOS no mes de febreiro continúa coa dinámica de actividades, obradoiros e a lectura como punto de referencia. 

Durante o mes de febreiro na AULA MULTIMEDIA realizamos diversos obradoiros : 
  • Coñecemos como é un ordenador a través do xogo  , relacionando as partes dun equipo informático  coas partes do corpo humano.








  • Celebramos o Día da Lingua Materna (21 de febreiro) 

 Introducimosnos na lingua de signos coas tablets gracias a unha aplicación que os nenos e as nenas manexaron con destreza  e coñecemos o alfabeto de signos ;  aprendemos a decir os nosos nomes e alguna palabra para comunicarnos con esta linguaxe a través de xestos polo que se comunican as persoas con discapacidade auditiva e/ou dificultade na fala.




  • Na BIBIOTECA houbo moito tempo tamén para  a LECTURA : unha vez rematado o conto kamishibai , os nenos e as nenas  leron a historia de "A xoaniña e o piñeiro", que eles mismos elaboraron : 




Nas lecturas deste mes incluimos algún  dos contos  de Kalandraka : "Mini libros para soñar"


 De seguido houbo un concurso de palabras bonitas para celebrar
 o día de San Valentín : 




  • O venres 22 homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO, cun obradoiro dirixido POLO CORREO DO VENTO : Enrique Mauricio e Carlos Taboada, realizaron contos e debuxos para coñecer a nosa poeta. 

 Os nenos e as nenas , e tamén os adultos , fixeron unha caricatura da poeta galega, guiados polas indicacións de Enrique Mauricio.


Os asistentes participaron activamente no obradoiro, recitando tamén algún dos poemas de Rosalía de Castro : FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI


O traballo realizado por Enrique Mauricio , un mural precioso, foi coloreado e agora decora a biblioteca de Sober.



  • Coma xa estamos en tempo de entroido, na biblioteca fixemos os nosos compadres e comadres, de papel, confeccionados polos nenos e as nenas. Estos bonecos son característicos da nosa comarca.  Este foi o resultado  


A prensa da Comarca,o diario " El Progreso" , fala dos nosos compadres e comadres. 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán