Ir al contenido principal

Novidades no catálogo

Durante o encontro de Margarita R. Otero cós membros do CL Pintor de Castinande, esta autora falou dun libro seu, composto pola recopilación de artigos publicados nos medios de comunicación da Comarca de Lemos.

Hai uns días enviounos este libro como agasallo para a biblioteca de Sober.

GRAZAS EN NOME DOS LECTORES DE SOBER.

Compartiremos con agrado a lectura das historias que aparecen en :TIERRAS DE LEMOS, HISTORIAS, TRADICIONES Y RECUERDOS. Composto por 58 artigos froito da gran pasión da autora pola investigación histórica, que a levou a pasar moitas horas nos diferentes arquivos en busca de documentos.
En palabras da autora : "Recopilé estas historias para que non se perdan .Algunhas teñen que ver con algún feito importante que no seu momento motivoume para escribilo e outras xorden a partir de toda a documentación na que me fun formando durante estes anos. Sempre tiven un gran interese na investigación da historia e iso vese reflectido neste libro.
Algún dos artigos :
  • La primera circunvalación de Monforte
  • Una visita real en Monforte
  • Descripción de los Estados de Lemos a mediados del s. XVIII.

Podemos disfrutar coa súa lectura a partir de agora. Atopámolo na sección de novela : N/ROD/tie

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán