Lectura do mes de marzo no CL Pintor de Castinande.       Rosalía,  a leiteira, percorre todos os días o camiño de ida e volta desde a súa casa en Cobas ata Ferrol, para vender o leite e sacar adiante ás súas fillas coas vacas e un pouco de terra que o seu marido deixoulle antes de emigrar.     Considera que ten que casar ben á súa filla maior,  Elisa , mentres que á menor, Sabela , a reserva para facerse cargo dela cando  sexa maior e como herdeira do seu negocio. Á beira destas mulleres valentes, viven homes : Manuel,  Elías , Martín , persoaxes masculinos tamén relevantes ainda que con moita menos forza narrativa.     A novela desenvólvese na primeira metade do século XX,  con algunha referencia ao  século XIX.  O título da novela alude  ás mulleres que se pasan os anos esperando o regreso dos seus maridos , que foron a  América do sur a facer fortuna. A protagonista, Elisa acepta os  convencionalismos que a súa nai impón aínda que  será  o seu propio impulso o que marque a sú...