Ir al contenido principal

Poesía e teatro

No calendario do libro e da lectura do mes de marzo aparecen dúas datas destacadas que celebramos na BPM de Sober cós usuarios máis novos e que participan nas actividades dos venres. 

Celebramos o DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO 

Lectura do poema de MANUEL MARÍA , adicado á Banda de Música de Sober.
Nos chanzos de acceso á biblioteca colocamos os versos do poema coloreados polos nenos e as nenas que participaron nesta actividade e que ademáis serven de homenaxe 
 a Banda de Sober polo seu 150 aniversario.


Celebramos tamén neste mes o DÍA DO TEATRO , 27 DE MARZO

Actores e actrices da Escola Municipal de Teatro  de Sober representaron
OS MUNDIÑOS, de HEIDI KUNH-BODE
Hai diferentes mundiños: colorín, papeleiro, lambón, musiqueiro e soñador. A través da mímica coñecemos estes mundiños dun xeito lúdico e divertido e coa participación moi activa dos asistentes a esta pequena función de TEATRO.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán