Ir al contenido principal

CL- Tierra sin hombres, de Inma Chacón



Lectura do mes de marzo no CL Pintor de Castinande.


Rosalía, a leiteira, percorre todos os días o camiño de ida e volta desde a súa casa en Cobas ata Ferrol, para vender o leite e sacar adiante ás súas fillas coas vacas e un pouco de terra que o seu marido deixoulle antes de emigrar.

Considera que ten que casar ben á súa filla maior, Elisa, mentres que á menor, Sabela, a reserva para facerse cargo dela cando sexa maior e como herdeira do seu negocio. Á beira destas mulleres valentes, viven homes : Manuel, Elías, Martín , persoaxes masculinos tamén relevantes ainda que con moita menos forza narrativa.

A novela desenvólvese na primeira metade do século XX, con algunha referencia ao século XIX. O título da novela alude ás mulleres que se pasan os anos esperando o regreso dos seus maridos , que foron a América do sur a facer fortuna. A protagonista, Elisa acepta os convencionalismos que a súa nai impón aínda que será o seu propio impulso o que marque a súa vida. Retrato de vidas duras, extremas, que se fan camiño ante a intolerancia.
Capítulo interesante é o que ten que ver coas mulleres que amamantan ; a ama de cría, ama de cría ou ama de leite (entre outros moitos nomes) foi parte das sociedades humanas desde sempre, e só empezou a declinar no século XIX nalgunhas partes do mundo. Cumpría o seu papel cando o bebé non podía contar co leite materno, por causas que podían ser diversas. A nai podía faltar, simplemente, ou podía faltarlle suficiente leite propio, pero habían moitos outros impedimentos posibles, empezando polo propio horario de traballo da muller, ou a crenza de que as relacións sexuais renovadas contaminaban o leite materno.

A autora : INMA CHACÓN


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán