Ir al contenido principal

"En Sober hai moito conto "

Neste mes de abril , MES DOS LIBROS, iniciamos unha actividade que chamamos "En Sober hai moito conto", coa que queremos implicar aos veciños deste concello na tarefa  de animación á lectura na biblioteca. Este compromiso que o Concello de Sober ten asumido , tivo unha boa resposta e na primeira xornada invitamos a ANUNCIA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ,  a visitarnos nas Merendas con contos do venres día 5 de abril. 





Anuncia é unha mestra xubilada da parroquia de Vilaescura, que nos fixo unha adaptación do conto : "O tesouro soterrado", conto que se desenvolve nun pobo de Galicia con tres protagonistas : Perico, Xurxo e Xan. Un conto rimado moi fermoso, que nos fixo estar moi atentos durante a narración. 

Na segunda parte da tarde, chegou a música con ALFONSO CAMPOS PÉREZ, veciño da parroquia de Proendos. 
Alfonso é un gran músico que nos encheu a biblioteca de cancións populares acompañado coa súa guitarra :  "Un barquito chiquitito"


Tivemos moita sorte de estar acompañados de Anuncia e Alfonso 
nesta tarde do venres 5 de abril. 
 Grazas por vir e deixarnos escoitar os seus fermosos 
contos e cancións. 



O mércores día 10 de abril  o CLUB DE LECTURA PINTOR DE CASTINANDE tamén tivo moitos contos. A encargada de contar neste día foi a nosa veciña e fantástica narradora TERESA GRAU. 
Teresa vive dende hai un tempo na parroquia de Arxemil e como ela mesma se define é : curiosa e vital, cree e sinte que os contos son fundamentais nesta sociedade da imaxe enlatada e considera a narración oral fundamental para ser feliz. 
Asistimos nesta tarde a unha sesión de contos para adultos que nos fixo disfrutar e recordar a tradición dos contos nas nosas casas, os contos dos avós e as reunións que se realizaban nas casas galegas.
Excelente tarde de contos con TERESA. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.