Ir al contenido principal

O ALÉN DOS BARQUEIROS


O día 3 de abril, MES DOS LIBROS, presentouse na biblioteca a novela : O ALÉN DOS BARQUEIROS, de ANXO MUÍÑOS

No prelimiar deste libro, Lionel Rexes di  : " O alén dos barqueiros non é un ensaio ( mais eo), nin é un diccionario mitolóxico (xaora que o é) ; pois é, por riba de todo, unha composición narrativa complexa e completa. É dicir, unha novela en toda a extenxión do concepto."

"O alén dos barqueiros" é unha novela histórica, na que o protagonista, o sueco Ingemar Westterstrom, inicia unha viaxe dende a súa terra natal recorrendo parte de Europa. Nesta singladura, seguindo os cursos dos ríos, vainos desvelar os misterios da vida a través das  lendas de cada lugar. 

Para o  autor, ANXO GÓMEZ FIGUEIRA , nado en Taragoña, Rianxo, no 1966, esta  é a súa primeira novela, editada pola editorial cántabra Fanes. 
Destacan as fermosas ilustracións que acompañan ó texto e que foron realizadas polo soberino HUMBERTO LOUREIRO




Atopamos esta novela na sección de novidades da biblioteca de Sober ¡¡

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán