Ir al contenido principal

CL- La luz que no puedes ver, de Anthony Doerr


A lectura desta novela foi a elexida polos membros do CL Pintor de Castinande para rematar este curso 2018/2019.

Obtivo o premio Pulitzer para obras de ficción 2015 e nela o autor ( Anthony Doerr (Cleveland, EE UU, 1973) relata de forma paralela, a historia dunha nena cega que vive en París , Marie-Laure, e un neno alemán, Werner, durante a ocupación alemá na 2ª G.M. 



Werner  : medra na rexión mineira de Zollverein (antigo lugar industrial na cidade alemá de Essen no estado de Renania do norte, hoxe Patrimonio da Humanidade ). Xunto coa súa irmá Jutta e doce nenos máis, vive nun orfanato ao coidado de Frau Elena. A intelixencia deste mozo non pasa desapercibida polos alemás e moi cedo atopa o seu lugar entre a élite do exército nazi.

Marie-Laure : vive co seu pai en París, preto do Museo de Historia Natural . Cando queda cega , o seu pai constrúelle unha perfecta miniatura do barrio no que viven para que poida memorizalo polo tacto e atopar así o camiño ata a súa casa. Cando cumple doce anos, os nazis ocupan París e pai e filla deberán fuxir hacia a cidade de Saint-Malo , levando consigo a xoia máis prezada do Museo.

La luz que no puedes ver relata a vida destes dous mozos destinados a atoparse de maneira efémera pero profunda.

A lectura desta novela tivo unha resposta moi participativa no CL da nosa biblioteca, por ser unha historia chea de tensións , emocións e dilemas respecto ao mal. Foi moi ben valorada polos membros do CL.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán