Ir al contenido principal

III Campamento de verán : Coñece o teu Concello


Ábrese o prazo para as inscricións nas actividades para nenos e nenas 
entre 4 e 12 anos durante o mes de xullo.



Bases :
  1.  Trátase dun programa lúdico e educativo de actividades que terán lugar  os martes, mércores e xoves do mes de xullo entre as 10:30 e ás 13:30h.
  2. O número de prazas ofertadas é de 15.
  3. Poderase facer a inscrición para o mes completo ou por semanas.
  4. A idade para participar nesta actividade será a comprendida entre os 4 e os 12 anos. 
  5. Terán prioridade as familias empadroadas no Concello de Sober.
  6. O prazo de inscrición será dende o 11 ata o 21 de xuño ambos inclusive.
  7. A inscrición realizarase presentando a ficha de solicitude no rexistro xeral do Concello de Sober.
  8. Se existe máis demanda que prazas ofertadas, cubriranse as prazas por rigurosa orde de presentación de solicitude no rexistro xeral.
  9. Crearase unha lista de espera para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán