Ir al contenido principal

Coñece o teu Concello : A CAPITAL, BEREA-SOBER

 👧👧👦👦

Actividades campamento de verán do 28 ao 30 de xullo 

( 5ª semana e última deste verán 2020 )

 

✅ Martes 28 

Lectura do conto : " A CASA DA MOSCA CHOSCA", de Eva Mejuto con ilustracións de Sergio Mora :

Este é un conto popular ruso que nos fala da casa dunha mosca onde hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas e sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta.
 
Seguindo a dinámica deste campamento de verán, os nenos e nenas participantes comezan a mañá coa lectura dun conto previamente seleccionado da biblioteca e que len entre todos e todas as asistentes.
 
 
Neste enlace podemos escoitar a canción da mosca chosca interpretada polos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober
 https://www.youtube.com/watch?v=lXFgnQTawqk
 
 
Neste día tivemos pasatempos , xogando coas tablets e un obradoiro de creación de maquetas.
 

 
 
✅ Mércores 29 : neste día visitamos a fábrica de pulverizadores PULVIPLASS, que ocupa as antigas naves onde se atopaban as Factorías Fernández, empresa fundada nos primeiros anos do século XX e que foi un referente na fabricación de ferramentas para o campo e diversos utensilios relacionados coa nosa viticultura.
 
Acompañounos na visita VÍCTOR FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, unha nova xeración nesta empresa centenaria. Amosounos o traballo que se realiza actualmente e tamén coñecimos os antigos talleres da fábrica. Unha visita "super interesante" .
Grazas Víctor pola túa amabilidade e adicarnos esta  mañá onde coñecimos un pouco máis da historia de Sober. 



✅ Xoves día 30

A  mañá deste día comezou con xogos e dinámicas de coeducación, coa presenza de novo da Educadora Social Selene Arias .

 

❗Despois da merenda chegou Anxo Moure de visita a  Sober có seu patinete moi ben decorado con nubes de cores:  “O nubinete” chegou as instalacións das piscinas municipais onde o agardaban os nenos e as nenas do campamento de verán da biblioteca. Esta actividade está incluída no Programa de Animación á Lectura:



Escoitamos fermosas historias de árbores, prantas e animais, que nos amosan o problema do cambio climático e cómo debemos comportarnos para mellorar o noso entorno natural.

Foi unha mañá moi divertida e tamén comprometida có noso planeta.

 

❗Para rematar, e despois dun baño na piscina, o Alcalde de Sober , Luis Fdez Guitián, entregou os diplomas de participación a todos e todas as participantes. 

 

Finaliza o mes de xullo e o 4º campamento de verán  que realizamos no Concello de Sober dirixido a nenos e nenas entre os catro e os 12 anos.

ATA PRONTO !!

¡¡VÉMONOS NA BIBLIOTECA

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.