Ir al contenido principal

VIDEOCLIP: O MONSTRO DA LAVADORA

Xoan Curiel e a Banda do Verán remitennos un agasallo para os nosos usuarios,  no que fan  protagonistas aos nenos/as galegos/as neste fin de curso.

É o seu novo videoclip. Xa que estiveron confinados na casa, quixeron facer un vídeo de terror "electrodoméstico", para rirnos un pouco tamén despois de todo o que pasamos. Está interpretado integramente por nenos e nenas:

👻😉VIDEOCLIP: O MONSTRO DA LAVADORA

https://youtu.be/dA7ZZUrguuE

  Pertence ao proxecto (libro disco e espectáculo) de música infantil A Casa do Terror, premiado cos pasados Premios Martin Codax e hai pouco co Premio Frei Martin Sarmiento que fallan os propios escolares.

Moitas grazas a Xoán Curiel e a todas as persoas implicadas na cultura en Galicia que nos aportan, as bibliotecas e aos seus usuarios ,  un montón de recursos para compartir nestes tempos tan complicados para todos.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán