Ir al contenido principal

#BiblioVeránEnGalicia

A partir de mañá, 23 de xuño, comezamos unha nova colaboración entre as #bibliotecasmunicipais de Galicia.

Queremos aproveitar os lazos establecidos durante o confinamento para ofrecer ás persoas usuarias da rede novas propostas conxuntas.

Todos os días ( de luns a venres ) ás 12:00h. haberá unha publicación có cancelo #biblioveránengalicia co que cada biblioteca participante dará a coñecer as características dos lugares máis representativos do seu concello.

Con esta iniciativa queremos promover o turismo pola nosa terra durante este verán, animando a coñecer todos os recunchos que aínda temos por descubrir.


A BPM de Sober fará esta publicación diaria  as 12:00 de luns a venres na páxina de facebook:   https://www.facebook.com/clubdelectura.pintordecastinande/


#biblioveránengalicia
#bibliotecasmunicipais


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán