Ir al contenido principal

Coñece o teu concello : PASEO ENTRE VIÑEDOS

 👧👧👧👦👦👦

Actividades Campamento de verán do 21 ao 23 de xullo 

 

 ✅ MARTES 21

 Lectura do conto " Misterio na horta " de Lawrence Schimel e ilustrado por Sara Rojo  : 

 Conta a historia dun rapáz chamado Xan que atopa un baúl duns supostos piratas onde había unha lupa e foi a buscar pistas e imaxinou que era un detective.

 

 ✅ Xincana na biblioteca : os nenos e as nenas participantes tiveron que superar varias probas e múltiples obstáculos para atopar o" tesouro " que se agochaba na biblioteca.

 

 

 O tesouro atopado na biblioteca era un saco de terra de cultivo para utilizar no obradoiro que tiñamos preparado pra rematar esta mañá de campamento de verán.

 

 

✅ Obradoiro de decoración de macetas  


✅ MÉRCORES 22

Neste día fixemos unha ruta de senderismo pola parroquia de Anllo Santo Estevo.

Comezamos no pobo de Portizó

 

Neste lugar acompañounos DANIEL FERNÁNDEZ, que naceu nunha das fermosas casas deste lugar. Realizou con nós o percorrido amosando aos nenos e as nenas vestixios do pasado , coma este Peto de ánimas da fotografía. Falounos tamén da existencia dun Priorato, do que se conserva aínda un escudo coa data de construcción do edificio.  Vimos varias fontes tradicionais e sabemos que por esta  parroquia de Sober pasa o río Cabe, e na súa ribeira tamén existe un importante traballo nas viñas.

No pobo teñen unha fermosa ponte, que formaba parte do camiño real entre Monforte e Ourense .

 

Durante este paseo vimos os restos de varios muiños xunto ao regato de Portizó.  

 


MOITAS GRAZAS DANIEL por contarnos tantas cousa interesantes do teu pobo e descubrir contigo lugares ben chulos do noso Concello. 



✅ Xoves 23

Realizamos o segundo obradoiro programado polo noso concello  e  financiado  pola Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero. 

A través do xogo , confeccionando un disfraz de pirata, os nenos e as nenas acompañados pola Educadora Social SELENE ARIAS, colaboraron e disfrutaron con dinámicas e xogos de coeducación.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.