Ir al contenido principal

CL- Corazón de paloma

 

Comezamos o ano 2021 coa lectura da novela " Corazón de paloma" de Antón Borrallo.

Nas páxinas deste libro o autor mostra un cadro da sociedade galega no medio rural no século XX, xusto ao remate da Guerra Civil en España.

A acción discurre na aldea imaxinaria de Matamara, onde vive Hipólito coa súa familia, composta pola pai, e os seus irmás. Ten 4 anos e comeza a narración contando como foi o enterro da súa nai. Xa nese primeiro  episodio  coñecemos  a personalidade do cabeza de familia. É despótico con todos e dunha maneira especial cos seus fillos.

 Esta é unha historia dura e triste como parece que era o tempo de infancia, adolescencia e mocidade que lle tocou vivir ao protagonista. 

 A novela fainos  pensar na influencia que en todos ten a educación recibida nos primeiros anos das nosas vidas, e como condiciona o noso futuro. 

O autor : Antón Borrallo, natural de A Coruña, acaba os seus estudos e trasládase a París. Alí traballa como pintor de carteis para o cinema, de rotulista na RNUR, facendo retratos ao carbón en Montmartre para turistas, repartindo teas de tapicerías en toda a zona de París cunha furgoneta… Contrae matrimonio e regresa á Coruña en 1970. Alí realiza varias exposicións en toda a comunidade. Pero a arte non lle dá para sacar adiante á súa familia e funda unha empresa de decoración que dirixe con éxito,e que  aínda existe. Otra paixón súa é a literatura, que lle leva a escribir esta estupenda novela "Corazón de paloma".




Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán