Ir al contenido principal

Merendas con contos na casa

 





✍️📱Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a Biblioteca e a Escola Municipal de Teatro de Sober van levar a cabo unha serie de actividades enmarcadas nas Merendas con contos. Dadas as presentes circunstancias sanitarias, o formato será virtual, polo que animan á participación activa a través das redes sociais.
📖 O lema do programa será “POETÍZATE!”, en referencia á poesía e tamén á concepto de poiesis: creación, arte, xogo.

 
En primeiro lugar, difundirase un poema creado a partir de diversos textos de Rosalía para público infantil. Irase subindo á rede en forma de diferentes estrofas. O día 24, efeméride oficial de Rosalía, publicarase o poema completo.
Ao mesmo tempo, desde as redes da biblioteca vaise lanzar un pequeno reto para todos os públicos. Trátase de descubrir os textos dos que foron tomadas cada unha destas estrofas. Para iso pódense consultar os exemplares dispoñibles na biblioteca, ou ben indagar a través de internet.
Os obxectivos deste xogo son promover o coñecemento da obra rosaliana e volver atraer público ás instalacións culturais.
Por outra parte, fronte a imposibilidade do encontro, clave no teatro como en moitas manifestacións culturais, decidiron levar a interpretación ao eido dixital. Así, lanzan un segundo reto: que as persoas fagan a súa propia interpretación duns versos, escollidos polo equipo organizador, que se publicarán nos vindeiros días.
🎥 Trátase de realizar unha pequena gravación intentando responder á pregunta que Rosalía nos deixou neses versos: "QUE PASA AO REDOR DE MIN?".
O prazo de entrega e publicación, a través das RRSS municipais, comprende toda a semana vindeira. Todas as achegas son válidas e serán gratamente benvidas.
⏳ O único límite é o tempo. Deben ser vídeos breves: entre 10 e 15 segundos.
A finalidade desta proposta é integrar a poesía na realidade cotiá. Tamén poñer en valor a creatividade cidadá e celebrar a cultura en todas as súas formas e dimensións.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán