Ir al contenido principal

Coñece o teu concello : A NAVEGACIÓN

 Actividades realizadas na 2ª semana do campamento de verán "Coñece o teu concello "

✅ O manga é unha tendencia entre nenos e adolescentes dende hai varios anos , asi quixemos que estiveran presentes nas lecturas que facemos no campamento de Sober. Moitos son os nenos e nenas que se achegan á lectura a través deste tipo de cómic xaponés, e  presentamos as historias do "Dulce hogar de Chi,  de Konami Kanata.














Tivemos tempo tamén para oa debuxo kawai, a partir do libro "Cómo dibujar kawai" de José Antonio Pérez (JAPE).


O programa de dinamización da lectura "Ler conta moito" trouxo  á biblioteca de  Sober o obradoiro "Nutrición có Raposo Rufo " de Iria Iglesias e Dani Viéitez ( @estudio gnomo ) ;  presentaron en Sober a súa proposta para una alimentación equilibrada, a través do "Raposo Rufo "e as súas receitas de comida sa e equilibrada. Os creadores involucraron aos nenos e nenas na elaboración de pratos , amosándolles que a cociña pode ser divertida e deliciosa, elaborando receitas que eviten o abuso de azucre e graxas, dándolle importancia aos productos naturais como froitas e verduras.



 

 

✅ 

Na segunda semana de campamento realizamos unha visita aos muíños do río Xabrega, unha interesante ruta con gran riqueza e variedade de especies . 


📕Houbo tempo para o xogo coa lectura de adiviñas.

   E rematamos cunha viaxe en barco polo río Sil dende o embarcadoiro de Os Chancís.⛴

Fin da 2ª semana do campamento de verán da biblioteca.

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán