Ir al contenido principal

Coñece o teu concello : PEGADAS

 Actividades realizadas na 1ª semana  ( 6, 7 e 8 de xullo ) do V Campamento "Coñece o teu concello"

✅ Inauguración da esxposición de fotografía "EQUUS" de Tamara Lebón : contamos coa participación da autora que atendeu as preguntas dos nenos e das nenas.


Consta esta exposición dun conxunto de 20 fotografías que teñen como protagonistas aos cabalos, retratados sós ou cos seus coidadores. Fotos feitas con moito amor e sentimento. 

Permanecerá exposta na  biblioteca durante todo o mes de xulllo.

 

Paula Vázquez Verao, da Asociación cultural O Colado do Vento, realizou un obradoiro a partir da unidade didáctica editada recentemente por este colectivo. Traballou cos nenos e as nenas en relación as distintas festas que teñen lugar no concello de Sober ao longo do ano, facendo fincapé nos oficios e traballos que se realizan ou realizaron neste territorio. 

✅ A excursión desta semana levounos a coñecer a parroquia de Lobios.

Visitamos un petroglifo, chamado "A pena do lagarto" pola forma que ten esta rocha, onde os participantes tiveron que atopar as marcas que están neste lugar ( coviñas...)

Visita ao petroglifo chamado "A pena do lagarto"

 

No Miradoiro de Santiorxo descubrimos fermosas paisaxes e para rematar a mañá estivemos na Igrexa románica de Lobios, onde admiramos as pinturas manieristas que decoran a nave principal e que foron restauradas recentemente.

Visita ao miradoiro de Santiorxo

 

Participantes no campamento consultan  información da igrexa románica de S. Xulián de Lobios.

✅Para rematar a primeira semana tivemos como invitada a Arantxa Vidal, psicóloga da ACC, que realizou un obradoiro sobre alimentación saudable, con degustación de petiscos elaborados polos nenos e as nenas asistentes.

                                                          Obradoiro de petiscos saudables

 


 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Merendas con Contos - Febreiro