Ir al contenido principal

CL infantil Viaxando polas Letras

   A segunda lectura do club será un manga : El dulce hogar de Chi, de Konami Kanata. Con esta elección queremos achegarnos ao mundo do manga, un tipo de literatura que lles resulta moi atractivo aos compoñentes do club. 


Comezamos aprendendo a ler manga e para iso, contamos coa colaboración dos alumnos que xa len manga nas súas casas que lles explicaron aos demais como hai que facelo e tamén compartimos este titorial de https://wasabimanga.com/mangas/

 

   O libro elexido pertence á categoría de manga KODOMO que en japonés significa neno e que no ámbito do manga se usa para referirse ao público infantil xa que trata temas adaptados a este público e a familias e tanto o vocabulario como as ilustracións son adecuados para estas idades.

   Chi é a protagonista desta serie que estivo de moda en Xapón e que se converteu nun éxito de ventas mundiais. A historia comeza cando unha familia atopa na rúa un gatiño moi bonito e adorable e deciden recollelo.

  Na reunión do 18 de febreiro tivemos a presentación oficial do logo do club deseñado por Lucía Rodríguez de 6º de Primaria e repartimos pegatinas que xa adornan as portadas das libretas do club.

 A última sesión do club de lectura dedicado ao libro El dulce hogar de Chi  ( 3 de marzo )  de Konami Katana decidimos rematar facendo un obradoiro de ilustración manga e anime xa que aos participantes lle chamaron moito a atención as ilustracións deste libro.  Para este obradoiro desprazáronse ao centro Alba e Luis da Escola de Arte Creativa de Monforte de Lemos

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán