Ir al contenido principal

CL-Como nacen as cancións

 Coñecemos a orixe dunha  canción popular galega : A RIANXEIRA ( Fonte : materiais de Lingua Galega da Xunta de Galicia , Wikipedia Galega ))



O periodista Iñaki Gabilondo relata esta historia sobre a famosa ” A Rianxeira “. Conta como Angel Romero fillo do autor da Rianxeira tiña a grabación orixinal da canción feita en 1950 en Bos Aires, pero que nunca a pudo escoitar. Foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo,  quen compuxo a música, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado  (“Pinciñas”), compositor da letra. 

Foi estreada un ano despois polo Coro Castelao na cidade de Bos Aires, a pesar de que a súa estrea oficial data do ano 1950, co gallo da recepción de Castelao no porto de Bos Aires.

 O texto orixinal ten a súa orixe en diversas variantes de cantos tradicionais de acompañamento ás procesións de adoración á Virxe de Guadalupe  (patroa de Rianxo) . Nun principio chamárona “Ondiñas da nosa ría“. Esta é a composición orixinal : 

A Virxe de Guadalupe

vai no iate de Baltar

lévana os rianxeiros

a pasear polo mar.

Ondiñas veñen, ondiñas veñen...

Moito me gustas rapaza

por esta terra arxentina

heiche cantar e bailar

como alá na terra miña.

Ondiñas veñen, ondiñas veñen...

Que guapa estabas rapaza

cando te vin na ribeira

tiñas a cara morena

coma a Virxe rianxeira

Ondiñas veñen, ondiñas veñen...

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán