Ir al contenido principal

Exposición de fotografía : Baleirada

 

Durante o mes de maio podemos visitar na biblioteca unha nova mostra de fotografía da Asociación fotográfica O Potiños.

Leva por título BALEIRADA,   e está composta por un conxunto de fotos que mostran o abandono das nosas aldeas en instantáneas de silvas nos camiños, mesas rotas, penicos oxidados, cadeiras absurdas, portas sen porta... Uces, toxos e xestas medran nas hortas e nos campos de fútbol. 

 Unha reflexión sobre o aspecto desolador da paisaxe dunha parte da España baleirada polo envellecemento da poboación, a emigración, o despoboamento e o abandono do mundo rural. 

No mes de maio na bpm de Sober

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán