Ir al contenido principal

CL-Al mal tiempo, mejor cara

Rematamos o primeiro trimestre no CL Pintor de Castinande con esta interesante novela francesa. Unha lectura chea de sensibilidade e humor.

Novela revelación en Francia no ano 2012, da autora Barbara Constantine.

Ferdinand e Marceline , veciños nun pobo rural, viven sós, sen moitas visitas. Un día o teito da casa de Marceline cae e o seu veciño ofrécelle axuda e  un lugar onde permanecer mentras arranxa a súa casa.

Pouco a pouco a vivenda de Ferdinand vaise enchendo de xente, que por diferentes motivos están sós. 

A vida cambia para todos, formando unha nova familia, sentíndose de novo necesarios y creando un ambiente feliz e con moita vida.


Excelente lectura que resultou fermosa e gratificante para os integrantes do noso CL, chea de sensibilidade e hmor.

Regresamos en xaneiro con novas historias para ler e escoitar. BOAS FESTAS.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán