Ir al contenido principal

CL-Paradero desconocido

 

A escritora estadounidense Kathrine Kressmann Taylor ( 1903-1996 ) é a autora desta novela epistolar que o CL Pintor de Castinande remata de ler a finais do mes de novembro. 

Novela cortiña con 80 páxinas, máis conta moitas cousas en pouco espacio. Está composto por unha serie de cartas entre dous amigos e ademais socios dunha galería de arte en San Francisco, California. 

Max e Martín pasarán de ser case irmáns a inimigos como consecuencia do cambio que se produce en Alemania coa chegada de Hitler ó poder , e o progresivo cambio de mentalidade nas persoas. 

A novela fai unha denuncia da historia máis tamén da hipocrisía e a inactividade do mundo ante os feitos que se desenvolven en Alemania a mediados do século pasado. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán