Ir al contenido principal

CL infantil Viaxando polas Letras

 

A  lectura que realizamos no mes de marzo en colaboración có CL do colexio de Sober, é o poemario "Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro. 



Nos poemas deste libro  escoitamos o vento cando atravesa diferentes lugares : o mar, o bosque... Son ventos falangueiros, mentireiros, ventos de soños e ventos magos. 

O libro está ilustrado por  María Lires, que en palabras do propio autor fai un traballo que encaixa perfectamente cós poemas porque teñen "moita vida" e "manexa a cor dun xeito maxistral ".

Coa lectura deste poemario os neno e nenas participantes neste cl introdúcense na lectura de poemas, despois de ler cómic, narrativa e tamén teatro. A promoción da lectura entre os maís novos é un dos obxectivos deste tipo de actividade, ao mesmo tempo que melloran a expresividade e exercitan a memoria. 
Voltamos despois das vacacións de semana santa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán