Ir al contenido principal

CL- Los mares de la canela

 

Rematamos o primeiro trimestre deste ano coa lectura da novela 

Los mares de la canela, de Pilar Méndez Jiménez.

A finais do século XIX Elba e o seu irmán Peruxo vense obrigados a fuxir da súa aldea galega e realizar unha larguísima travesía cara as Filipinas .

Galicia, Filipinas e a illa de Kulangsu, son os tres lugares onde se desenvolve esta novela, na que coñecemos a sociedade rural das nosas aldeas dentro dunha trama chea de aventuras, descubrimentos e amores na Filipinas colonial e na China imperial .

A autora, Pilar Méndez naceu en Madrid e dende nena sentiu interese polos idiomas. Na súa adolescencia percorreu Europa e máis tarde estudiou Dereito. Ingresa na carreira Diplomática española, traballando entre Puerto Príncipe, Tokio, Miami , Singapur... Los mares de la canela é a súa primeira novela. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán