Ir al contenido principal

CL- Del color de la leche



A  lectura escollida  para abril, foi unha pequena novela "Del color de la leche" escrita pola dramaturga Nell Leyshon. Galardoada có premio do Gremio de Libreros de Madrid no ano 2014, narra a historia de Mary, do seu propio puño e letra, cunha curiosidade :  non hai maiúsculas. Narración corta dividida en cinco capítulos, que teñen o nome das estacións : primavera, verán , outono e inverno. 
Unha lectura que agradou aos  integrantes do noso Club Pintor de Castinande, na que disfrutamos e tamén sufrimos ata as últimas páxinas. Lectura moi recomendable. 

Ano 1830. Nun pequeno pobo rural de Inglaterra vive Mary, unha moza de quince anos que é a menor de catro irmás na granxa do seu pai, na que traballa de sol a sol para tentar sobrevivir. Naceu cun defecto na perna que lle impide camiñar correctamente, o cal non vai supoñer un obstáculo para que o seu pai a leve a traballar á casa do reverendo, onde atenderá á muller do mesmo que está gravemente enferma.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán