Ir al contenido principal

CL- Visita á Fundación Vicente Risco en Allariz

 

O CL Pintor de Castinande visitou Allariz o día 25 de abril, có fin de celebrar o Día do Libro. Coma todos os anos visitamos a casa dalgún autor galego, que destacou có seu traballo polo noso idioma. 

Este ano coñecemos un pouco máis a Vicente Risco ( 1884-1963 ) grazas á labor da Fundación que leva o seu nome e que se atopa no concello de Allariz (Ourense ).

En primeiro lugar tivemos unha visita guiada pola vila, acompañados de Juan, historiador do Concello, que nos falou das orixes do seu pobo e nos amosou as construccións máis interesantes : igrexas, construccións civís...que enchen este fermoso lugar do sur da provincia de Ourense. 


Na visita á Fundación Vicente Risco estivemos acompañados por Antonio Blanco Rodríguez, vicepresidente da entidade . Esta Fundación ocupa a casa familiar do autor e aquí atopamos  o fondo documental de Vicente e Antón Risco.  Ademáis desenvólvense iniciativas culturais de diversa índole : ciclos de música, recitais de poesía...
A Fundación Vicente Risco abre as súas instalacións a quen ama a cultura e traballa arreo no delicado labor de catalogar a súa documentación para poñela a disposición de quen teña interese en realizar calquera investigación e estudo.

Moitas grazas a Antonio por acompañarnos nesta xornada de coñecemento dunha parte da nosa historia. Marchamos satisfeitos e con intención de voltar moi pronto.


Xa pola tarde e para rematar a viaxe, visitamos o conxunto histórico-artístico de Santa Mariña de Augas Santas, moi preto de Allariz. 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán