O Concello de Sober convoca o III Certame de Debuxo Infantil
XXXVII Feira do Viño de Amandi, coa finalidade de elaborar un adhesivo co debuxo gañador, de acordo coas seguintes bases :
1. Neste certame poden participar tódolos nenos , con idades comprendidas entre 6 e 12 anos, dos centros de ensino da comarca de Terra de Lemos.
2. Os debuxos deberán presentarse sobre cartolina tamaño aproximado DINA4, sobre o tema que se propón a continuación :
O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA
3.Cada autor presentará un único traballo acompañado cunha folla cos seus datos persoais.
4.O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 24 de marzo, debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober.
5.O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame.
6.O traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo.
7.O premio estará valorado en 150€, e a entrega do mesmo terá lugar o día 31 de marzo , no Centro Sociocultural de Sober ás 12:00h.
8.A presentación das obras a este certame supoñen a aceptación das presentes bases.
Comentarios
Publicar un comentario