Ir al contenido principal

DÍA DA POESÍA



Na biblioteca de Sober festexamos o DÍA DA POESÍA, 21 de marzo, con MANOELE DE FELISA que lle puxo música a un poema de XOSÉ NEIRA VILAS , TRES BOLBORETAS :

NA VOLTA DO REGUEIRO,
SOBRE UNHAS FENTAS,
REVOAN QUE DÁ XENIO
TRES BOLBORETAS

UNHA BRANCA, OUTRA AZUL
E OUTRA AMARELA,
COMPAÑEIRAS E AMIGAS
SON TODAS ELAS.

POIS QUE ESAS CORES DEULLAS
A NATUREZA, É NATURAL QUE VIVAN 
SEN DIFERENCIAS.
SEN XENREIRAS NIN PENCHAS
E SEN FACHENDA
COMPARTEN OS PENISCOS
DAS VERDES FENTAS.

TAL VIVEN E CONVIVEN
AS BOLBORETAS,
XUNTAS BRANCAS E AZUIS
E AS AMARELAS.



 Neste enlace atopamos outra cantiga : A VACA ROBERTA , de ROSALÍA MORLÁN 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán