Ir al contenido principal

As Letras Galegas na BPM de Sober


CARLOS CASARES
LETRAS GALEGAS 2017


Durante o mes de maio a programación de animación á lectura da biblioteca de Sober estivo centrada na figura de CARLOS CASARES, autor homenaxeado este ano no día das nosas LETRAS , que celebramos  o  día 17 de maio.



  • O día 5 de maio estivo na biblioteca a narradora CRIS DE CALDAS, dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito , colaboración entre o Concello de Sober e a Xunta de Galicia.



“A Galiña Azul e compañía” foi a gran protagonista desta tarde de contos xunto con Lolo e a súa bicicleta , o can Rin e o lobo Crispín, Toribio, e moitas Laranxas.

 Rematamos cun obradoiro de marcapáxinas que levaron os nenos para a casa.







  • Viaxe a Padrón 


Os integrantes do club de lectura Pintor de Castinande visitamos o concello de Padrón, na comarca do Sar, para coñecer os lugares onde se atopan unha gran parte da  vida e da obra de Camilo José Cela e de Rosalía de Castro.

Pola mañá tivemos unha visita guiada pola  Fundación Pública Galega Camilo José Cela de Iria Flavia, localidade natal do escritor, que foi constituída en 1986 polo Premio Nobel padronés co principal propósito e vontade de gardar todos os seus manuscritos, libros e documentos persoais xunto con obras artístico-pictóricas e diversas coleccións de todo tipo ; todo iso conforma un gran legado cultural, artístico e persoal ,  que foi moi apreciado polos lectores do noso club.

Despois de xantar visitamos a Casa Museo de Rosalía,  a Casa da Matanza en Padrón , na que Rosalía de Castro viviu os últimos anos da súa vida. Este Museo propón un interesante percorrido pola vida e a obra da autora de Cantares Galegos


  • Play comic : nas Merendas con contos de maio: partindo da lectura do conto de Carlos Casares "Lolo anda en bicicleta ", e guiados por Rocío, a informática do Concello de Sober, os nenos e as nenas elaboraron un comic adaptando este conto coa axuda  da tecnoloxía e tamén da súa imaxinación. 



  • Música e literatura
Xunto coa Escola Municipal de Música de Sober, a biblioteca organizou un festival no que participaron alumnos desta escola ( adultos e nenos )  e tamén os nenos e as nenas do programa Merendas con contos. Combinamos a lectura da biografía de Carlos Casares e dalgún dos seus contos, coa interpretación de cancións .

Reseña do festival no diario El Progreso 



  • Para rematar o concerto desta tarde  fixemos entrega dos premios da fase local do Certame de Narración e debuxo infantil  convocado pola biblioteca Nodal de Lugo e no que participamos as bibliotecas da provincia.
O  Alcalde de Sober, Luis Fdez. Guitián  fixo entrega dun  lote de libros e diploma ,aos nenos e nenas galardoados neste certame e que foron os seguintes : 



CATEGORIA A, ATA 8 ANOS :
1º Xoán Pérez Fernández
2º Laura Gómez Grande
3º Senén Hernández Rodríguez
CATEGORÍA B, DE 9 A 11 ANOS
1º Héctor Fernández González
2º Mara López Rivera           
3º Henry Vila Rodríguez
CATEGORÍA C, DE 12 A 16 ANOS
1º Rocío González Jiménez
2º Herbert Trail Bates
3º Marco Martínez Rodríguez

NORABOA A TODOS E SORTE NA FASE PROVINCIAL DO CERTAME


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán