Ir al contenido principal

Palmeras en la nieve, de Luz Gabás




O club de lectura Pintor de Castinande rematou a lectura desta novela ambientada na coñecida como Guinea española, que foi colonia ata o ano 1968.  

Interesante proposta a desta autora  grazas a que entramos na historia do noso pasado colonial máis recente.

 Sinopse : É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para iniciar xunto ao seu irmán, Jacobo, a viaxe de ida cara a unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e sedutor, espéralle o seu pai, un veterano da leira Sampaka, o lugar onde se cultiva e tosta un dos mellores cacaos do mundo.

Nesa terra eternamente verde, cálida e voluptuosa, os novos irmáns descobren a lixeireza da vida social da colonia en comparación cunha España encorsetada e gris; comparten o duro traballo necesario para conseguir o cacao perfecto da leira Sampaka; aprenden as diferenzas e similitudes culturais entre coloniais e autóctonos; e coñecen o significado da amizade, a paixón, o amor e o odio. Pero uno deles cruzará unha liña prohibida e invisible e namorarase perdidamente dunha nativa. O seu amor por ela, enmarcado nunhas complexas circunstancias históricas, e o especial vínculo que se crea entre o colono e os oriúndos da illa transformarán a relación dos irmáns, cambiarán o curso das súas vidas e serán a orixe dun segredo cuxas consecuencias alcanzarán o presente.

No ano 2003, Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola curiosidade do que desexa coñecer as súas orixes, se zambulle no ruinoso pasado que habitaron Kilian e Jacobo e descobre os fíos polvorientos dese segredo que finalmente será desentrañado.


A autora :  LUZ GABÁS      
  




No ano 2015 temos a versión cimematográfica dirixida por Fernando González Molina e interpretada nos seus principais papeis por Mario Casas e Adriana Ugarte. O tema central da banda sonora desta película está interpretado por Pablo Alborán cunha  fermosa canción que podemos escoitar : 









Comentarios

Entradas populares de este blog

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Merendas con Contos - Febreiro