Ir al contenido principal

Novidades no catálogo : narrativa en galego para adultos




O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. 
A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión. Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con síndrome de down. 
(Recensión  da  editorial Xerais )


Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforzado amador. Un amigo seu recollerá os escritos deixados por Aníbal e tentará elucidar esa relación internándose, tamén el, no impensable sorbedoiro dunha paixón quimérica. Nos papeis de Aníbal, recreados polo seu amigo, un rodopío de personaxes famosos, papas e artistas enchen as páxinas do gran fresco barroco onde se entretecen as artes coas paixóns humanas no epicentro da gran cultura europea do século XVII. Nesa altura, Roma transfórmase en capital do mundo e taller da Cristiandade, ensaiando un nacente dramatismo para alicerzar a punxente piedade da Contrarreforma xesuítica. Triunfan pintores como o Caravaggio e escultores como Bernini, que fascinan a curia. Nese colosal obradoiro nace, e aprende a pintar co seu pai, Artemisia a moza chamada a ser a gran pintora do seu tempo. Orfa de nai aos doce anos, será violada e sufrirá un dilatado e infamante proceso público. Estas esgazaduras cicelarán un temperamento de rara afouteza. A ardencia e a coraxe guiarán a súa vida de artista e muller libre.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Merendas con Contos - Febreiro