Ir al contenido principal

CL-La amiga estupenda, de Elena Ferrante


O CL Pintor de Castinande mergúllase na lectura desta novela, primeira dunha saga de catro historias que teñen lugar na cidade de Nápoles nos anos 70 do século pasado.

As protagonistas da novela , Lila e Lenú, amigas dende nenas, móstranos a vida nun barrio obrero, no que para sobrevivir teñen que utilizar a astucia antes que a intelixencia.


A relación entre as dúas amigas neste primer volume da serie escrita por Elena Ferrante , móstranos a realidade dun barrio pobre, habitado por xente humilde que acata sen protestar a lei do máis forte.
É esta unha historia sobre a amizade, o patriarcado , os cambios políticos en Italia e no resto de Europa.

A autora : Elena Ferrante é o pseudónimo dunha escritora da cal hai moi pouca información. Algúns afirman que naceu en Nápoles , logo mudouse a Grecia e finalmente a Turín. ​ Nunha entrevista outorgada ao xornalista Paolo Dei Stefano, Ferrante declarou:
"Non me arrepinto do meu anonimato. Descubrir a personalidade de quen escribe a través das historias que propón, dos seus personaxes, dos obxectos e paisaxes que describe, do ton da súa escritura, non é nin máis nin menos que un bo modo de ler."

«L amica geniale», 2011, reconstrúe a traxectoria de dúas mulleres e traza un gran fresco histórico e social dos anos cincuenta do século XX ata o presente.

Unha estupenda lectura para este mes de novembro, recomendada polos integrantes do club da biblioteca de Sober e que hoxe xa podemos ver na tv pois acaba de ser adaptada polo director italiano Saverio Costanzo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán