Ir al contenido principal

Premio María Moliner



A BPM de Sober está de celebración :

 Fomos de novo seleccionados e premiados na 



 Este concurso ten por obxectivo "premiar a aquelas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías" (www.mecd.gob.es).

Este premio conseguímolo entre todos, en especial  os usuarios da biblioteca que facedes posible que se leve a cabo o programa de Animación á lectura que o Concello de Sober propón cada ano  e que gracias a  todos , usuarios e traballadores , facemos da biblioteca un lugar cheo de vida e con moito futuro, colaborando na formación de novos lectores e usuarios das bibliotecas públicas. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán