Ir al contenido principal

Novidades CÓMIC




Filósofas, rebeldes, activistas: este libro gráfico conta a historia do feminismo no contexto euro-norteamericano desde a Antigüedad ata os nosos días.

Nas súas páxinas non só se abordan as súas principais figuras, senón tamén importantes debates feministas,como, por exemplo, a igualdade de dereitos, o traballo doméstico, o amor libre, a identidade e a diferenza, ou as principais correntes no relativo ao xénero, cada un no seu respectivo contexto histórico.
(Información que aparece na tapa do propio libro )

Podemos atopalo na BPM de Sober en Cómic/PAT/peq


Bruce Bechdel é profesor de inglés e dirixe unha funeraria, ademais de ser pai esixente e distante de Alison. Só cando esta admite , xa na universidade, que é lesbiana, descobre que o seu pai tamén é homosexual.

Este é o argumento da novela gráfica gañadora do Premio Esisner, onde Alison Bechdel transforma a súa historia familiar nunha obra de gran profundidade literaria e psicolóxica.

Atopámola na BPM de Sober en Cómic/BEC/fun

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán