Ir al contenido principal

As merendas con contos da ilustración

Durante o mes de xaneiro a BPM de Sober acostuma a realizar obradoiros relacionados coa ilustración, para agasallar ao debuxante e caricaturista  galego  Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, nado o día 30 deste mes. 
Nesta ocasión recibimos unha oferta moi especial : realizar  as ilustracións dun libro infantil escrito por ANTÓN VALCARCE.
Será o propio autor o que nos presente a súa obra na biblioteca : "TROITIÑA", unha fermosa historia sobre a vida dunha troita e as aventuras que ten no seu recorrido polo río.

Despois da lectura do conto, os nenos e as nenas participantes na actividade de animación á lectura Merendas con contos, comezan a debuxar os bocetos das ilustracións propostas polo autor monfortino.

A partir de agora iniciamos a preparación das ilustracións que acompañarán ao texto de "TROITIÑA", un libro infantil que sairá ao mercado en primavera.
Complementamos as actividades relacionadas coa ilustración coa asistencia á inauguración dunha exposición pictórica do británico afincado en Sober STEWART MARLOW



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán