Ir al contenido principal

CL- O bosque animado


A última lectura no noso club estivo protagonizada pola Fraga de Cecebre situada no concello de Cambre 
( A Coruña ) : O bosque animado ( 1943 ).

O seu autor, Wenceslao Fernández Flórez narra as historias dos habitantes da fraga : Fendetestas, Xeraldo, Marica... Tamén dos aparecidos e fantasmas que pasean polo bosque ( a alma en pena de Fiz Cotobelo ), dos topos, dun solitario vagalume, das moscas e árbores centenarias .

Describe o bosque coma un ser animado e dotado de sensibilidade xa que as árbores e as plantas viven emocións humanas. 
Nas distintas estancias ( capítulos ) coñecemos a Geraldo e Hermelinda, ao clan dos gatos libres, a Pilara, aos habitantes do pazo, e como non ao bandido do bosque, Fendetestas : Xan de Malvís, labrador que farto das escasas ganacias que da o campo e o labor da terra, decide botarse ao monte e converterse no ladrón da fraga. 
Unha lectura moi difícil de olvidar, moi ben escrita, ten moito humor  e que nos fixo pasar bos momentos.

Unha proposta que vos facemos é ver " EL BOSQUE ANIMADO", de JOSE LUIS CUERDA, 1987, unha das películas dos oitenta  máis queridas pola crítica e o público. Cun fantástico guión de RAFAEL AZCONA, e un soberbio reparto encabezado por ALFREDO LANDA.


O autor : WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ foi un escritor e xornalista galego que naceu na Coruña en 1885. Tras traballar en varios xornais galegos 
( dirixiu o Diario Ferrolán e o Noroeste ) trasládase a Madrid onde traballa para a Dirección Xeral de Aduanas. Sen abandonar as actividades de prensa e de crónica parlamentaria, dedícase a súa gran paixón, escribir relatos e novelas. Foi académico da RAE dende 1945 ata 1964, ano no que faleceu. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán