Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2025

BO NADAL 2025

 

Recomendacións lectoras

https://lemosle.blogspot.com/2025/12/recomendacions-lectoras-nadal.html

CL-La plaza del diamante

  O CL Pintor de Castinande remata o primeiro trimestre deste curso coa lectura da novela La Plaza del Diamante, da escritora catalana Mercè Rodoreda Gurguí.  A protagonista desta historia é Natalia, a "Colometa", unha muller coma moitas outras ás que lles tocou vivir a Guerra Civil. Verá morrer aos seus seres queridos e pasará fame e miseria. Publicada en 1962 tivo un éxito extraordinario, foi traducida ao castelán en 1965 e posteriormente ao inglés, francés, italiano , entre outros idiomas, e foi considerada a novela máis importante da posguerra. Mercè Rodoreda , nada en Barcelona en 1908, está considerada unha das escritoras de lingua catalá máis influentes da súa época. Na Fundación que leva o seu nome atopamos moita información sobre a vida e a obra desta escritora. https://www.mercerodoreda.cat/la-fundacion

Merendas con Contos en Decembro

 

Programa Nadal 2025

 

MERENDAS CON CONTOS-25 N

  25 de novembro,  Día da Eliminación da Violencia  Contra a  Muller. Este día busca sensibilizar sobre a violencia baseada en xénero que sofren as mulleres en todo o mundo. Os nenos e as nenas elaboraron bolboretas , símbolo de liberdade, que colgaron de cintas compoñendo un fermoso cartel.

Merendas con contos- Santa Cecilia con Ángeles Rodríguez

 Nas Merendas con contos celebramos a Santa Cecilia, patroa dos músicos, coa presencia de Ángeles Rodríguez, mestra de primaria e música en diversas formación Moitas grazas Ángeles por compartir con todas nós a túa experiencia musical.  FELIZ SANTA ICÍA

CL-Presentación

  O mércores 19 de novembro o CL Pintor de Castinande asistirá á presentación do libro :  María Vázquez, a mestra de , AURORA MARCO. Será ás 18:00h. no Centro Sociocultural de Sober.

O venres 14 de novembro : CONTACONTOS

 

Merendas con contos-Novembro

 

O CL visita Quiroga

 O martes 4 de novembro as integrantes do CL da biblioteca de Sober visitaron o Concello de Quiroga para celebrar o Día da Biblioteca 2025 .  Acompañadas por Ramón Vila   visitaron en primeiro lugar  o Museo Xeolóxico Municipal .  Este espazo está adicado integramente á interpretación do patrimonio xeolóxico do Xeoparque Mundial da Unesco, Montañas do Caurel . Dividido en salas temáticas, que van dende a formación do territorio, análise do pregamento de Campodola-Leixazós, ata a historia das primeiras ocupacións humanas, idade dos xeos e minería. Na segunda parte da viaxe o CL visitou o    Museo Etnográfico onde se expoñen aspectos que foron importantes para a vida de Quiroga e o seu entorno. Arte, historia, tradicións e medio natural da cultura do viño, aceite, mel castañas, ferro, madeira , textil  que están representados neste museo a través de moitos obxectos recollidos e doados por persoas da comarca.  Moitas grazas a Ramón Vila por fa...

CL- La villa de las telas

  Durante o mes de outubro a lectura levou aos integrantes do club ata Alemaña, para coñecer como era a vida social, familiar e industrial na Alemaña anterior á 1ª G .M. O relato comeza no outono de 1913 e céntrase na vida dunha familia industrial da cidade de Augsburgo , na que o patriarca Sr. Melzer é propietario dunha fábrica de confección téxtil. A vila na que se desenvolve a súa vida e tamén a novela está chea de intrigas entre os membros da familia e tamén dos numerosos criados e criadas que asisten cada día os avatares da casona dos Melzer. Esta novela é a primeira dunha serie escrita por ANNE JACOBS, escritora alemana da Baixa Sajonia, con gran éxito de ventas e traducida a distintas linguas. A lectura foi moi satisfactoria para a maioría das integrantes do CL, provocando conversas interesantes ao longo das reunións realizadas.

O noso Samaín

 

Mañá na biblioteca

 

Día da Biblioteca 2025 -Colectivo Lemos Le

A  Biblioteca Pública Municipal de Sober participa na celebración do Día da Biblioteca ,  organizada polo Colectivo Lemos Le , sendo anfitrión este ano o noso Concello. No blog do colectivo temos a información referida a esta data tan importante para todos os/as bibliotecarias e as persoas relacionadas có mundo dos libros.   https://lemosle.blogspot.com/2025/10/dihttps://lemosle.blogspot.com/2025/10/dia-das-bibliotecas-2025_26.htmla-das-bibliotecas-2025_26.html

Día da Biblioteca 2025

  A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas este 24 de outubro de 2025. Desde o ano 2019 incorpórase á celebración o lema 'Aptas para todos os públicos', que estará presente en todas actividades que se poñan en marcha. Contra a desinformación: bibliotecas O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación. As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa nos contidos e ap...

Colectivo Lemos Le : Día da Biblioteca

                                           COLECTIVO LEMOS LE: DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025

Día das Mulleres escritoras

O Día das Escritoras celébrase anualmente o luns máis próximo ao 15 de outubro, co obxectivo de visibilizar e reivindicar o labor das mulleres na literatura. Foi establecido en España en 2016 pola Biblioteca Nacional de España, a Asociación Clásicas e Modernas e a Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE ). O seu propósito é recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o seu traballo e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia. A data elíxese para coincidir co aniversario do falecemento de Teresa de Jesús. O Colectivo Lemos Le participa na celebración do Dia das escritoras con diversas actividades que mostraremos nos distintos perfís das bibliotecas que integran este grupo. Adicaremos este ano a autora soberina, concretamente da parroquia de Gundivós, MONCHA PRIETO. Desta muller escritora destaca o seu compromiso coa nosa cultura galega, participando dende moi nova con diversas asociacións e revistas lit...

Lecturas de medo para o Samaín

Inauguramos un centro de interese terrorífico para o próximo Samaín.   

Lectura no mes de outubro no Club de lectura Pintor de Castinande

Durante o mes de outubro, no Club de lectura Pintor de Castinande, estamos lendo  La villa de las telas de Anne Jacobs.  Trátase dunha saga composta por seis volumes (dos que iniciamos o primeiro) que ofrecen unha trama romántica que se desenvolve nunha gran mansión de Augsburgo, Alemaña no ano 1913. Esta mansión é a da familia Melzer, unha influínte familia adicada á industria téxtil e que agocha un misterio que os levará a un futuro intrigante.

Faladoiro dos luns: marcapáxinas en tea

Na primeira sesión do novo curso do Faladorio dos luns as integrantes realizaron un marcapáxinas en tea guiadas por Rosa Blanco.  Aquí vos deixamos a mostra do traballo realizado e dos preciosos resultados.

Novo curso de O faladoiro dos luns

O próximo luns comeza un novo curso de O faladoiro dos luns.  Nesta primeira sesión realizarse un marcapáxinas con tea con Rosa Blanco.  Pasaremos os tediosos luns en moi boa compañía. Anímate a participar.

Volve o Club de Lectura Pintor de Castinande

O próximo martes, día 7 de outubro, volve o club de lectura 'Pintor de Castinande'. Un curso máis contaremos con esta actividade gratuíta. Queres formar parte? Infórmate na Biblioteca Pública Municipal e anímate a participar.

Merendas con contos- Outubro

 

Curso nutrición e alimentación consciente

Esta tarde estase impartido o curso Nutrición e alimentación consciente onde se valora a importancia dunha boa nutrición tanto para adultos como para menores.

Inauguración da exposición de pintura 'Ribeira Sacra Cultural'

Onte, martes 23 de setembro, inaugurouse na Casa da Cultura de Sober a exposición de pintura Ribeira Sacra Cultural composta por traballos do alumnado do taller de pintura de Modesto T rigo. O acto estivo amenizado por O Trícole.

Merenda con Contos 2025-2026