A  tarde do venres 21 de abril a biblioteca do Concello de Sober  acolleu as actividades programadas para celebrar o DÍA DO LIBRO 2017.      BookCrossing  : liberamos libros no parque infantil de Sober.              A volta ao mundo en 80 libros : nun  mapamundi fomos colocando etiquetas con títulos de libros e autores dos países por onde transcurre a ruta ideada por Jules Verne no seu libro " A volta ao mundo en oitenta días" .    Grazas a   Phileas Fogg , cabaleiro inglés protagonista desta aventura, coñecemos moitos países, os seu monumentos, bandeiras , medios de transporte da época e sobre todo aos escritores  máis representativos dos  lugares   polos que Fogg, Passepartout ,  Fix e Aouda  viaxan durante   80 días   : LONDRES, PARÍS, BRINDISI, SUEZ, BOMBAY, CALCUTA, HONG-KONG, XAPÓN, SAN FRANCISCO, NOVA YORK  e xa de volta para Inglaterra.   Neste panel están as lecturas preferidas dos usuarios da biblioteca e tamén de todas...