sábado, 22 de abril de 2017

A promoción da lectura no DÍA DO LIBRO


A  tarde do venres 21 de abril a biblioteca do Concello de Sober acolleu as actividades programadas para celebrar o DÍA DO LIBRO 2017.



  • BookCrossing : liberamos libros no parque infantil de Sober. 


  • A volta ao mundo en 80 libros : nun  mapamundi fomos colocando etiquetas con títulos de libros e autores dos países por onde transcurre a ruta ideada por Jules Verne no seu libro "A volta ao mundo en oitenta días" .
Grazas a  Phileas Fogg, cabaleiro inglés protagonista desta aventura, coñecemos moitos países, os seu monumentos, bandeiras , medios de transporte da época e sobre todo aos escritores máis representativos dos lugares  polos que Fogg, Passepartout ,  Fix e Aouda viaxan durante  80 días  : LONDRES, PARÍS, BRINDISI, SUEZ, BOMBAY, CALCUTA, HONG-KONG, XAPÓN, SAN FRANCISCO, NOVA YORK  e xa de volta para Inglaterra. 
Neste panel están as lecturas preferidas dos usuarios da biblioteca e tamén de todas as persoas do concello de Sober que quixeron deixar a súa pegada "literaria "  para participar na celebración do DÍA DO LIBRO 2017.




  • V Mercadillo de libros : aproveitamos unha boa tarde de primavera para salir cós libros ata o parque e poder ofrecelos a todas as persoas que pasaron a visitarnos. 





23 de abril

día do libro

No hay comentarios:

Publicar un comentario