Ir al contenido principal

Merendas con contos no mes do Amandi



O venres 31 de marzo entregáronse os premios do III CERTAME DE DEBUXO INFANTIL DA
 XXXVII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI.

Participaron  escolares dos CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e os alumnos   do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.

O Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, fixo entrega do premio á gañadora CANDELA ENRÍQUEZ BUJÁN, alumna de primeiro de primaria do CEIP Monte Baliño, que có seu debuxo nun adhesivo  promocionará a feira do viño deste ano.





Xa pola tarde, os nenos e as nenas das Merendas con contos participaron nun obradoiro dirixido por Alia Pérez Álvarez , técnica de viticultura do Concello de Sober, que falou cós rapaces sobre o cultivo da vide  e tamén  poideron degustar o zume das uvas esmagadas á maneira tradicional.







A biblioteca de Sober remata o mes de marzo con estas actividades coas que quere colaborar na difusión da Feira do viño de Amandi que se celebra este ano 2017 os días
 8 e 9 de abril. 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán