Ir al contenido principal

CL-LA MENNULARA, de Simonetta Agnello Hornby



O club de lectura Pintor de Castinande rematou de ler unha historia que ten lugar na Italia rural e que está escrita pola siciliana Simonetta Agnello Hornby :




O 23 de setiembre de 1963 , no pobo siciliano de Roccacolomba, falece a Mennulara, asi chamada por ser na súa nenez unha fermosa recolledora de améndoasO resto da súa vida dedicouno a servir á familia Alfallipe sendo tamén  administradora dos seus bens o que desata os chismorreos entre os veciños : criticada por uns e venerada por outros, a súa personalidade non pasou inadvertida. 
Pouco a pouco, o lector vai atando cabos para así descubrir a vida, a personalidade e as motivacións dunha muller forte e intelixente, que soubo sobrepoñerse a unha existencia dura e desdichada e quixo servir con fidelidade a unha familia que xamais soubo valorar a súa entrega e o seu agarimo.




 A autora : 
Simonetta Agnello Hornby naceu en Palermo (Sicilia) en 1945. Pertence a unha familia da pequena aristocracia siciliana. Pasou parte da súa infancia en Agrigento e non comezou a ir ao colexio ata os 11 anos, sendo educada ata entón en casa cunha titora e un profesor particular. Na súa familia, por mor da súa clase social, ninguén traballaba.

Licenciouse en Dereito, estudos que finalizou en Inglaterra onde tamén ten o seu domicilio desde 1972, foi presidenta durante oito anos do Tribunal de Necesidades Educativas Especiais e Discapacidade, e fundou un bufete de avogados na cidade de Brixton, que se ocupa dos problemas das comunidades negras e musulmás.

Empezou a escribir aos 55 anos, grazas a un afortunado atraso dun voo que a deixou nun aeroporto de Roma e a súa primeira novela A Mennulara, converteuse en best-seller, sendo traducida a doce idiomas e facéndose acredora do Premio Literario Forte Village, e o Premio de Stresa Ficción (ambos en 2003) e en España o II Premio Novela Europea Camiño de Santiago.

Outras obras súas son A tía marquesa,(2004) Boccamurata (2007) Vento Roto.(2009) e Entre a Bruma (2010).


Na maior parte das súas obras, o tema central son os dramas familiares e os amores desgraciados. E por suposto, a terra e a cultura Sicilianas, coa inevitable pantasma da Mafia, que parece impregnalo todo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación da novela : Os segredos de Teresa, de Óscar M. Guzmán

 A biblioteca comeza as actividades para os adultos coa presentación da novela de Óscar M. Guzmán: "Os segredos de Teresa " que  foi presentada por Moncha Prieto (" Alma de barro " Ed. Xerais ).  Nas palabras de Moncha coñecimos á protagonista desta novela de intriga  : "Nacín no mes de Nadal de 1930. Coñecín o amor dunha nai ata que a fatalidade me escolleu como amante. Coñecín tamén o amor de Justo, un home que chegou ata ilegalidade por amarme.  No meu periplo vital leváchesme a lugares fermosos, emblemáticos para ti. Tanto me engaliolaron que neles fun deixando as miñas pegadas." Ao remate o autor asinou exemplares a todos os asistentes a esta primeira presentación do noso curso. 

Hoxe na biblioteca : Encontro có editor

Presentación do libro Mis 2 yos, de Mayte Gómez

 O próximo martes, 7 de novembro ás 18:00 h. Mayte Gómez presenta na biblioteca o seu diario/relato "Mis 2 yos" , basado en experiencias persoais da autora :  quiero reflejar dos puntos de vista de una misma persona, es decir, de mí misma. Ya que con el paso del tiempo he ido cambiando; pues empecé escribiendo el diario a mano en un cuaderno estando muy enferma, y lo termino transcribiéndolo al ordenador, siguiendo estando enferma, pero habiéndome recuperado en la medida de mis posibilidades. MARTES, 7 DE NOVEMBRO ÁS 18:00H. NA BPM DE SOBER POR MOTIVOS DE SAÚDE, ABSTERSE DE USAR PERFUMES. GRAZAS.