Ir al contenido principal

Abril : mes dos libros




  • Na  biblioteca de Sober comeza o mes de abril cunha pequena mostra de libros de H. C. ANDERSEN , que tamén nos serviron como lectura para agasallar a este escritor danés, que cada 3 de abril ,coincidindo coa data do seu aniversario, festexamos con actividades dirixidas aos lectores máis novos .

 Este ano estreamos o noso Kamishibai 紙芝居 coa lectura do conto :
"O soldadiño de chumbo". 
Celebramos así o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


  • Seguimos coa programación do mes de abril de 2018 traballando  na aula de informática  : buscamos información sobre W. SHAKESPEARE na internet. 



  • A vida e a obra deste autor inglés e a elaboración dun libro para a biblioteca, foi este ano  a actividade central  dos nenos e das nenas da biblioteca de Sober que  contaron tamén coa participación  dos maiores, integrantes do CL Pintor de Castinande e dos máis pequenos do Concello, os nen@s da gardería municipal. 


ESTE FOI O RESULTADO DO TRABALLO REALIZADO :


  • A Escola Municipal de Teatro sumouse a celebración do DÍA DO LIBRO e realizou unha intervención con textos de W. Shakespeare.

Grazas a Eva Ferreira , directora da EMT de Sober e tamén as nenas participantes nesta iniciativa teatral. 


  •  Coma todos os anos o día 23 de abril agasallamos cun libro ás persoas que visitaron  a biblioteca.

  • O martes , día  24 de abril  tivemos unha sesión de contacontos, que se celebrou no CEIP Virxe do Carme, e foi CAXOTO quen nos fixo disfrutar cós seus Contos a pé de rúa.


  • As actividades das Merendas con Contos deste mes de abril remataron có mercadillo de libros .







  • Os integrantes do CL Pintor de Castinande desprazáronse ata Outeiro de Rei, ata a Casa de Hortas, para visitar o lugar onde naceu Manuel María. 
Esta Casa-Museo é a sede da Fundación Manuel María, e alberga o conxunto do legado deste autor . Destaca a biblioteca, que contén unha importante colección de libros galegos ou sobre Galicia. Pódese comtemplar tamén un fondo artístico con obras de Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside... 
Como remate coñecemos a carballeira de Santa Isabel, xunto ao río Miño, lugar de soños e xogos para  Manuel María .




POÑEMOS FIN A ESTE MES DOS LIBROS 2018 có traballo realizado por todas as persoas que se achegan e participan nas actividades desta biblioteca. 
GRAZAS A TODOS 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán