Ir al contenido principal

CL-La analfabeta que era un genio de los números




Pär-Ola Jonas Jonasson, nacido en 1961, é un xornalista e escritor sueco que se deu a coñecer en todo o mundo mediante a novela : "O avó que saltou pola xanela e largouse".

Naceu e criouse en Växjä, no sur de Suecia. Estudou na Universidade de Gotemburgo e traballou como xornalista na súa cidade natal. Tamén para o vespertino sueco Expressen, no que permaneceu ata 1994. En 1996 fundou unha exitosa compañía de medios de comunicación, a OTW, á que, tanto el como os seus empregados dedicaron o seu tempo de forma xenerosa.
Por razóns de saúde debe cambiar de forma de vivir. Vendeu a súa empresa e se traslada a vivir a Sörmalnd na costa sur de Suecia. No ano 2007 e despois de contraer matrimonio trasládase a Ticino, en Suíza. Divorciado da súa esposa e obtida a custodia do seu fillo, pasou a residir na illa de Gotlan no país do seu nacemento.

Despois do éxito acadado pola súa primeira novela , Jonas Jonasson volve a deleitarnos cunha historia desenfadada e chea de sorpresas , que ocupou ao CL Pintor de Castinande no mes de abril , "A analfabeta que era un xenio dos números ".

A protagonista desta historia é Nombeko Mayeki, unha nena criada no gueto de Johannesburgo. Son os anos do apartheid.
Dotada dun intelecto fóra de serie, e impulsada polo destino ,percorrerá un insólito itinerario, repleto de emocións e peripecias .
Lectura cun transfondo político ; non é unha novela histórica como tal, pero supón un bo retrato da Sudáfrica dos tempos de Mandela e da xeopolítica mundial das últimas décadas. Lectura moi entretida , para pasar un bo rato con historias diferentes e ben contadas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán