Ir al contenido principal

Convocatoria Certame Letras Galegas 2018





Como en anos anteriores, a Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coas bibliotecas municipais convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2018".

Poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dúas modalidades: Narración e Debuxo. E o tema escollido este ano é 
"Como cambiou o conto ou Como darlle unha volta ao conto tradicional: o lobo vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, unha Bela que nunca dorme?"


As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4.

Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe (mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis), acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos
B -- nenos de 9 a 11 anos
C --- rapaces de 12 a 16 anos



O prazo de presentación dos traballos  
remata o día 11 DE MAIO , debendo estar entregados
 na Biblioteca de Sober  nesa data.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán