Ir al contenido principal

María Victoria Moreno


As lecturas durante o mes de maio tiveron como protagonistas as verbas de MARÍA VICTORIA MORENO


Con Enrique Mauricio e Carlos Taboada ( Polo Correo do Vento ) coñecemos a biografía e a obra de Mª Victoria Moreno : profesora e escritora en lingua galega, que ensinou a toda unha xeración de mozos e mozas a amar a literatura en galego.

Entre algún dos seus títulos máis coñecidos na biblioteca de Sober atopamos :  
"Mar adiante", "O Cataventos", "A festa no faiado", "Leonardo e os fontaneiros", "Anagnórise",  "¿Un cachiño de bica", ¿"E haberá tirón de orellas" ?, "Guedellas de seda e liño",  e "Eu conto, ti cantas".


Coas novas tecnoloxías escribimos fermosas palabras galegas e os integrantes do CL Pintor de Castinande invitaron a súa reunión semanal do mércores  a Mª José Vidal ( profesora de Galego no IES A Pinguela, Monforte de Lemos )  para que lles contara todo o que  coñece da vida e da obra  de Mª Victoria Moreno.



No concerto de LETRAS E MÚSICA, que fixemos en colaboración coa ESMU, escoitamos anacos da obra de Mª Victoria Moreno, a través das voces de nenos e maiores, que leron pequenos textos alternando coas cancións do Coro Berea


🔻
Ata aquí a contribución da biblioteca do Concello de Sober na celebración e homenaxe a autora das Letras  Galegas 2018.
Mª Victoria Moreno. Imaxe cortesía de Editorial Galaxia. 


" A MIÑA RELACIÓN CON GALICIA E A MIÑA OPCIÓN POLA SÚA LINGUA É SIMPLEMENTE UNHA HISTORIA DE AMOR " 

María Victoria Moreno
Discurso pronunciado en 1993 no Congreso de Poetas alófonos en lingua galega.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán