Ir al contenido principal

8 de marzo : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres 6 de marzo nas Merendas con Contos , os nenos e as nenas da BPM de Sober recibiron a visita de Ruth Díaz Amor, muller emprendedora de Sober adicada o sector do turismo. 
Realizou un obradoiro sobre o Patrimonio da Ribeira Sacra, expicando aos cativos conceptos como patrimonio natural, cultural , paisaxístico, do material e tamén do inmaterial ; lemos unha lenda de Sober, unha historia de mouras, covas e tesouros. Para rematar cada neno e cada nena fixo o seu "rosetón " románico con moitas vidreiras de cores. 

Na entrada da biblioteca atopamos unha selección de lecturas sobre a muller, o feminismo e sobre a igualdade.
Podedes pasar a escoller a lectura que máis os atraiga para estas datas.
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán