Ir al contenido principal

CL-Recomendacións lectoras

Recordamos neste momento tan especial que estamos vivindo,  cando hai  xa case catro anos que o CL Pintor de Castinande tivo a oportunidade de ler a novela A flor de piel, de Javier Moro.


Foi unha lectura importante, coma todas, máis nesta tivemos a oportunidade de coñecer a historia de cómo se proxectou e levou a cabo unha gran proeza sanitaria, a erradicación dunha das enfermidades que se cobrou un  maior numero de vítimas, a viruela.  
  A idea parte dun home dotado dunha excepcional intuición, forte personalidade e unha desmedida ambición de gloria, Francisco Xavier Balmis ( o seu apelido da nome hoxe a operación contra o COVID-19  que se está  a realizar dende o goberno central de España) .
Xunto a este médico destaca tamén a figura de Isabel Zendal, reitora da inclusa de A Coruña , e colaboradora fundamental na expansión da vacina da viruela polo mundo.

 
Facemos hoxe  tres recomendacións lectoras , relacionadas con este tema, para todas as idades e que dende logo atopamos na BPM de Sober.
Agardando que moi pronto as poidades levar en préstamo.


#quedanacasaele



Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán