Ir al contenido principal

Recomendacións lectoras

Dende a BPM de Sober queremos axudarvos a pasar estes días caseiros recuperando e aproveitando os momentos con lecturas quizais  pendentes que teñades pola casa, e por suposto libros que  podemos atopar na nosa biblioteca.  Recomendacións lectoras  para toda a familia : 

👉En 2020 celebramos o centenario de Benito Pérez Galdós (As Palmas 1843 - Madrid 1920) novelista, dramaturgo, cronista e político español que está considerado un dos máis importantes autores en lingua española xunto a Cervantes. A súa enorme produción de novelas curtas que relatan a historia e a sociedade da España do século XIX valeulle a comparación con Honoré de Balzac e Charles Dickens.
👉Ledicia Costas Álvarez, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015,  pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.  . É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e a novela «Infamia» (2019). 

 #quedanacasaele


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán