Como todos os anos dende 1967, o  IBBY   ( International Board on Books for Young  People )   promove a celebración do  DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL  o  2 de abril,  conmemorando o nacemento de  Hans Christian Andersen.       A OEPLI  e GÁLIX   en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  promoven a celebración deste día e convocan este certame :      "Un conto de H. C. Andersen  en banda deseñada"       Poden participar todos os lectores  que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a nosa biblioteca. Tan só hai que escoller un libro de Hans Christian Andersen e debuxalo en forma de viñetas.   Nestas  BASES  podedes consultar todos os requisitos. Os traballos deberán presentarse na  Biblioteca de Sober antes do día 21 de abril .